Club

A ENTIDADE

 

 

A Unión Campestre de Montrove Club de Fútbol fundouse no ano 1908, é polo tanto un dos clubs máis antigos de Galicia, concretamente o segundo máis antigo tralo Real Club Deportivo de La Coruña que se fundou no 1906. A Unión Campestre C.F. pertence a Oleiros, un concello con case 35 mil habitantes da Comarca de As Mariñas que se encadra dentro da provincia de A Coruña. Montrove, á súa vez, é un lugar da Parroquia de Liáns con preto de 1500 habitantes, situado a uns 7 km de A Coruña.

Actualmente o club conta con máis de 200 integrantes: ao redor de 170 nenos e nenas que se forman na Escola de Fútbol Base, 23 que integran o equipo de veteráns , 21 xogadores que compoñen o equipo de modestos que participa no Grupo 2º da Terceira Autonómica Galega e 20 xogadoras que forman parte do Primeiro Equipo Feminino que compite na Segunda División de Galicia.

Unha entidade que preside D. Raúl Vázquez Barona dende Xullo de 2015, encabezando unha directiva que se encontra na súa cuarta temporada á fronte do club, traballando arreo para situar a este gran club no lugar que merece e devolverlle o prestixio que nunca debeu ter perdido.

 

 

 

 

ORGANIGRAMA

 

 

Enderezo das Instalacións

Campo de O Redondo

Rúa Helios 26

Montrove, Oleiros, A Coruña

C.P. 15179

Características

Superficie

Herba artifical de última xeración

Dimensións

97 x 55

Usos

 2 campos para Fútbol 8

1 campo para Fútbol 11

Servicios

3 vestiarios para xogadores/as

2 vestiarios para árbitros

1 Oficina

1 almacén para material

1 aseos

1 bar

Versión para imprimirVersión para imprimir | Mapa del sitio
© Union Campestre F.C.