XA ESTÁ AQUÍ O II CAMPUS DE VERÁN DO UNIÓN CAMPESTRE!!

 

Por segunda vez, o Unión Campestre FC, organiza un Campus de fútbol, para que os nenos e nenas do Concello de Oleiros poidan aproveitar os días de vacacións facendo o deporte que máis lles gusta.

 

Destinatarios

Vai dirixido a nenos e nenas entre os 5 e 14 anos que lles apeteza coñecer xente nova, xogar ao fútbol e realizar diversas actividades fóra do habitual.

Quendas

 

Os cativos poderán desfrutar de ata 2 semanas de campus.

  • ●  1aQuenda: 25-28 de xuño de 2019

  • ●  2aQuenda: 1-5 de xullo 2019

    A primeira quenda inclue o xoves completo (maña e tarde) e a noite con acampada ata o venres as 14h, hora de recollida habitual.

     

  • Prezo

  • Os socios do Club Unión Campestre FC teñen un pequeno desconto.

 

Socios

Non Socios

Una semana

85€

100€

Dos semanas

150€

160€

Horario

De luns a venres de 9 a 14h (salvo o xoves 27 que é dia e noite)
Hai posibilidade de contratar o servizo de madrugadores dende as 8:30 da mañá (conleva un plus de 10€)

 

Actividades

A parte de practicar Fútbol, faremos diferentes deportes, saída a praia, sendeirismo e algunha actividade sorpresa.
A primeira semana inclúe acampada de xoves a venres.

 

Monitores:

Todos eles son titulados xa sexa na especialidade de fútbol, na de tempo libre ou maxisterio, Grao universitario de Educación Infantil e Primaria.

 

Procedemento de inscrición:
O proceso de inscrición terá como data límite o 5 de xuño de 2019, este incluído.

Todo o interesado deberá encher o formulario online aloxado neste link.
As prazas son limitadas así que darase prioridade por rigoroso orden de recepción.

No caso de non cumprir co número mínimo de nenos o campus non se levaría a cabo.
Unha vez pechado o prazo, publicaremos na web os admitidos. Nese intre facilitarásevos un número de conta no que facer o ingreso.

 

Colaboradores:Concello de Oleiros

110 ANIVERSARIO DO UNIÓN CAMPESTRE...NO TELECLUB DE MONTROVE!!

 

Socios socias e achegados, como sabedes este 2018 o noso club cumple 110 anos de historia, algo do que poucos clubes poden alardear, é por iso que creemos que debe ser motivo de celebración. O próximo 6 de Decembro de 2018 ás 14h organizamos un acto ó que vos queremos invitar.

Terá lugar no Teleclub de Montrove, onde haberá unha exposición sobre os 110 anos de historia do club, compaxinado cun picoteo (10€ por adult@ e 5€ por nen@) que constará de:

 

 

Empanada

Tortilla de pataca

Fiambre

Bebida: Auga, Refrescos e viño (Rioja da casa)

e acompañaremos de xogos/partidos no campo para @s nen@s.


Para constar oficialmente como asistente deberedes acceder a ESTE ENLACE , encher o formulario e facer o ingreso pertinente.

 

Agardamos que pasedes este día tan especial con nós e moitas gracias por adicarnos o voso tempo. ¡Vémonos o día 6!

¡4 XOGADORAS DO UNIÓN CAMPESTRE, PRESELECCIONADAS COA SELECCIÓN COMARCAL SUB 12!?

Ós 110 anos anos de histoira imos ter que engadrille un novo capítuo. Esta semana recibiron a convocatoria para adestrar coa selección coruñesa feminina as nosas alevinas Malena, Elsa, Lucía e Marta. Unha nova experiencia para elas que premia o seu bo facer e comportamento nos adestramentos e nos partidos.

As 4 xogadoras están citadas este Luns 26 ás 16:15h nos campos da Federación Galega de Fútbol en San Pedro de Visma para un adestramento conxunto coas demáis xogadoras citadas. Agardamos que unha vez derriba esta barreira, poidan ser máis as xogadoras do noso clube citadas polas diferentes seleccións, pero sobro todo agardamos que disfruten e o pasen o mellor posible. Noraboa ás 4!! 

¡AFORRA NA COMPRA DAS TÚAS BOTAS IQ GRACIAS Ó UNIÓN CAMPESTRE!

 

O Unión Campestre continúa a traballar para conseguir ó mellor para os seus socios e socias, e os seus seguidores e seguidoras. Deste xeito, ven de acordar coa marca IQ un desconto na compra das súas botas dende a súa páxina web www.influencequality.com A forma de obter este desconto é moi sinxela. Unha vez inicies o proceso de compra das botas, no teu carriño da compra tes un apartado que pon "introducir cupón desconto", e ahí hai que poñer MONTROVE2018. Deste xeito aforrarás os gastos de envío* das túas botas e sairanche a un precio final de 49,95€.

 

*Aforrarás os 4,95€ de gastos de envío.

¡FÚTBOL E MÁIS DEPORTES EN O REDONDO DA MAN DE DISMACOR!

 

O festivo 15 de agosto de 17h-19h no Campo de Fútbol do Unión Campestre terá lugar unha xornada de fútbol e multideporte da man da Asociación Dismacor (http://dismacor.org/) aberta a nen@s con ou sin discapacidade funcional de tódalas idades.

Multideporte, fútbol, coordinación, motricidade a través da cooperación, deportividade e colaboración.

Animámosvos a participar, a atrevervos e a correr a voz por si a vosa chega a sitios ós que nos non chegamos

 

Recorda:

?------ - - 15 de agosto (festivo)
?17-19h (inclúe merenda)Coste: 15€ non socios e 10€ socios de Dismacor ou Unión Campestre (a abonar o propio día da actividade no campo)

 

Para que contemos contigo deberás cubrir a inscripción antes do 12 de agosto en este link: INSCRÍBETE AQUÍ

 

 

ANTÍA COUTO FAI HISTORIA NO UNIÓN CAMPESTRE

 

Foi fronte o Sporting Cambre o pasado Domingo 29 en O Redondo. A pesar da súa xuventude, esta xoven xogadora convertiuse na primeira canteirana en anotar un gol co primeiro equipo feminino en competición oficial, neste caso na Copa Diputación da Coruña. Ós que traballamos e sentimos o Unión Campestre nos enche de orgullo este fito histórico e seguimos traballando para que máis xogadores e xogadoras da nosa Unión Campestre Escola poidan xogar no seu respectivo primeiro equipo e continuar aumentando o nivel unido a un sentimento de pertenza a este club. ¡Noraboa Antía e a seguir disfrutando!

¡CHEGA A FESTA FIN DE TEMPORADA!

 

Este ano a festa de fin de temporada tEN como data o 7 de Xullo de 2018, sábado.
Dada a coincidencia da data cos San Fermines apostamos por ambientar un pouco o festexo.

Dende as 11:00 os asistentes poderán disfrutar de actividades (pilates, contacontos, partidos de fútbol), música, churrasco e ademáis os chupinazos marcarán a saída dos nosos cabestros humanizados rúa abaixo ata lograr que cheguen á praza (o campo).

os nenos deberán asistir coa sua equipación do club, ós adultos vos invitamos a que veñades de vermello e azul do campestre ou de vermello e branco San Fermín. E a todos os suxerimos portar unha capa vermella, toalla ou similar para amenizar os encerrose capear ata a praza.

Para esto cada persoa que queira asistir deberá inscribirse a través de ESTE ENLACE e abonar a cantidade correspondente ANTES DO 30 DE XUÑO.
A cada adulto inscrito se lle proporcionará un ticket na mesa da organización o propio 7 de Xullo ademáis do obsequio do San Fermín Montrovés. O ticket dará dereito ós socios: churrasco, 3 consumicións e café para os NON socios churrasco e 2 consumicións. Aparte haberá tamén tortilla e empanada para picar.
Os nenos e nenas terán dereito a bebida e hamburguesa e perritos.

Os precios son:
 -Socios adultos 12€
-Socios nen@s gratis.
-Non socios adultos 15€
-Non socios nenos 5€

*As consumicións non incluídas no ticket deberán de abonarse na barra de forma independente a dito ticket.

Para que todo vaia como desexamos e os nosos cálculos sexan acertados necesitamos que vos inscribades en canto poidades. O pago deberá realizarse mediante transferencia bancaria e cas instruccións que encontrarás no cuestionario de inscripción. 

 

 

O CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL DE MONTROVE SUFRE DIVERSOS DANOS PROVOCADOS POR ACTOS DE VANDALISMO

 

Como informa o Concello de Oleiros, o noso campo de O Redondo ven de sufrir diversos actos vandálicos nas súas instalacións, tales como a queima nunha parte do terreo de xogo, rotura e roubo de asentos dos banquiños, rotura de parte de valla perimetral, etc. É unha magoa que pasen estas cousas porque haberá que tomar medidas e por desgracia os culpables quedarán impunes. A nota do Concello de Oleiros é a seguinte:

O campo de fútbol municipal de Montrove sufre diversos danos provocados por actos de vandalismo

Oleiros, 29 de xuño de 2018-. As directivas dos clubs de fútbol de Montrove e Perillo, que teñen concedido o uso, a conservación e a limpeza do campo de fútbol municipal situado en Montrove, denunciaron ante o Concello de Oleiros diversos actos vandálicos neste recinto deportivo. Nos últimos días produciuse a queima do céspede artificial, a rotura das redes de peche do recinto, ataques contra o mobiliario e os bancos de suplentes,....

O Concello de Oleiros tomará as medidas oportunas para sancionar a aquelas persoas que nada teñen que ver cos clubs de fútbol e invaden e usan de forma irregular as instalacións. Dáse a circunstancia que na urbanización Icaria, na que se atopa este campo de fútbol municipal, existen numerosos espazos públicos para xogar á marxe deste recinto, que só poden utilizar os equipos do Atlético Perillo e do Unión Campestre de Montrove.

link da noticia

PRIMEIRA ANDAINA DO UNIÓN CAMPESTRE

 

Por primeira vez o Unión Campestre Fc propón ó seus forofos e seguidores unha Andaina, unha actividade alternativa ó fútbol apta para tódolos públicos. 
A cita será o venres 22 de xuño ás 19h en O Redondo (entrega de dorsais dende as 18:30).

A actividade consiste en andar os lugares máis emblemáticos de Montrove, parroquia de Santaia de Liáns que da nome ó noso club.
Non vos asustedes, serán en torno a 5-6km, un paseo para algúns, unha boa camiñata para outros, se tes can igual é unha boa opción para darlle un paseo ?.

Durante o traxecto os niños poderán disfrutar de xogos de búsqueda.

O percorrido iniciarase na nosa casa, o campo de fútbol de O Redondo, e rematará no teleclub, onde haberá uns pequenos pinchos.

Para participar na Andaina cada persoa deberá cubrir o formulario de inscripción e facer el pago de 5€/persona. Poderase facer por transferencia bancaria o en man na oficina do campo. Podes acceder ó formulario e toda a información dende ESTE ENLACE

¡Anímense! Unha forma divertida e diferente de  pasar a tarde :)

I CAMPUS DE VERÁN UNIÓN CAMPESTRE FC

 

Por primeira vez, o Unión Campestre FC, organiza un Campus de fútbol, para que os cativos e cativas do Concello de Oleiros poidan aproveitar os días de vacacións facendo o deporte que máis lles gusta. Vai dirixido a nenos e nenas entre os 5 e 14 anos que lles apeteza coñecer xente nova, xogar ao fútbol e realizar diversas actividades fóra do habitual.

 

Quendas

Os cativos poderán desfrutar de ata 3 semanas de campus.

 

  • 1ª Quenda: 25-30 de xuño de 2018

  • 2ª Quenda: 2-6 de xullo 2018

  • 3ª Quenda: 9-13 de xullo 2018

 

Prezo

Os socios tanto de Club Unión Campestre FC coma do ANPA Valle Inclán teñen un pequeno desconto.

 

 

Socios

Non Socios

Una semana

90€

100€

Dos semanas

170€

180€

Tres semanas

240€

250€

 


 

Horario

De luns a venres de 9 a 14h

Hai posibilidade de contratar o servizo de madrugadores dende as 8:30 da mañá (conleva un plus de 10€)

 

Actividades

A parte de practicar Fútbol, faremos visitas a museos, práctica de remo, sendeirismo, etc…

 

Monitores:

Todos eles son titulados xa sexa na especialidade de fútbol, na de tempo libre ou maxisterio. INEF e TAFAD

Procedemento de inscrición:

O proceso de inscrición terá como data límite o 30 de maio de 2018, este incluído.

Todo o interesado deberá encher o formulario online aloxado neste LINK

 

As prazas son limitadas así que darase prioridade por rigoroso orden de recepción.

 

No caso de non cumprir co número mínimo de nenos o campus non se levaría a cabo.

Unha vez pechado o prazo, publicaremos na web os admitidos. Nese intre facilitarásevos un número de conta no que facer o ingreso.

 

Colaboradores:

Agrupación deportiva As Mariñas, ANPAValle Inclán e o Concello de Oleiros

 

 

 

 

SUSPENDIDOS OS ADESTRAMENTOS DO MÉRCORES 14 POLA BORRASCA GISELE

 

Novamente as inclemencias metereolóxicas fan que a axenda se vexa alterada e que se teñan que suspender os adestramentos no campo de O Redondo este mércores 14. A Xunta de Galicia recomenda que se suspendan as actividades ó aire libre e a Federación Galega de Fútbol recomenda que se cancelen os adestramentos e suspende os partidos previstos para hoxe. O aviso da Federación Galega de Fútbol é o seguinte:

 

"A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia emitiu no día de hoxe un comunicado no que insta á suspensión de todas as actividades deportivas ao aire libre na tarde do mércores 14 de marzo de 2018 en toda Galicia.

Seguindo estas indicacións, a RFGF suspende todos os partidos das súas competicións da modalidade de fútbol e, co obxectivo de evitar calquera situación de risco para os deportistas, recomenda a suspensión dos adestramentos ao aire libre.
"

 

SUSPENDIDOS OS PARTIDOS DO DOMINGO 11 NO CAMPO DE O REDONDO POR MOR DA BORRASCA FÉLIX

 

Os campos municipais do Concello de Oleiros permanecerán cerrados a tarde do Sábado e o Domingo todo o día. Quedan suspendidas as actividades deportivas de calqueira categoría nos campos de dito Concello. 

Como ven de señalar a Federación Galega de Fútbol na súa web, á suspensión dos partidos que se ían disputar entre as 15h do Sábado e a mañá do Domingo, súmase a prohibición dunha serie de Concellos para usar a súas instalacións deportivas ante ditas recomendacións. O aviso da Federación Galega de Fútbol é o seguinte:

 

"Unha vez recibidos os comunicados da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e dunha serie de concellos, a Real Federación Galega de Fútbol actualiza a información referente á suspensión de competicións da modalidade de fútbol en esta xornada.


1. Quedan suspendidas todas as competicións dependentes da RFGF nas provincias de Pontevedra e A Coruña programadas para o sábado pola tarde, a partir das 15:00 horas.

2. Quedan suspendidas todas as competicións dependentes das Delegacións de Vigo e Pontevedra durante todo o día do sábado e tamén o domingo pola mañá.

3. Quedan suspendidas todas as competicións dependentes da Subdelegación da Costa da Morte durante toda a fin de semana.

4. A estas suspensións hai que engadir aqueles partidos que non entran en ningún dos tres apartados anteriores pero que se teñen que suspender ao decidir os concellos a prohibición do uso da instalación deportiva respectiva, como é o caso de Ames, Santiago de Compostela, Ordes, Negreira, Noia, Trazo, Teo, A Pobra do Caramiñal, Mos, Tomiño, Sada, Oleiros, Sanxenxo, Brión, O Grove e Val do Dubra, concellos estes que suspenden a actividade ao libre nas súas instalacións municipais durante toda a fin de semana.

                                 


A RFGF segue pendente da evolución do temporal por si fose necesario ampliar a suspensión a outras franxas horarias e categorías."

 

I TORNEO FUTMENINA NO CAMPO DE O REDONDO 

 

O I Torneo Futmenina nace co único obxetivo de disfrutar do fútbol feminino e culturizar sobre esta disciplina; as xogadoras (prendas deportivas), os clubs (camisetas da Liga Iberdrola e segunda nacional), prevención de lesións (charla/taller), literatura (libros de temática relacionada) terán cabida no torneo que albergará o campo de O Redondo (Montrove, Oleiros) os días 31 de Marzo e 1 de Abril e as inscricións están abertas a toda xogadora maior de 14 anos.

Inclúe campionato de F8, concursos de destrezas técnicas e batalla de porteiras. Ademáis terán á súa disposición fisioterapeuta (Fisiosport) e a posibilidade de pernoctar.

Este torneo colabora coa Asociación Amigos de Galicia, se ves por alí anímate a deixar tapóns para Iago.

O plazo de inscrición remata o 1 de Marzo ¿A qué esperas? Podes obter máis información en www.futmenina.com

 

 

 

 

 

O UNIÓN CAMPESTRE ÚNESE Á RECOLLIDA DE TAPÓNS PARA IAGO

 

Como xa fixemos anteriormente promovendo a recollida de tapóns para Jorge Osa, a partir do Luns día 26 de Febreiro disporemos no campo dunha caixa para depositar tapóns que irán destinados a axudar a Iago, un neno de Sada que sofre parálisis cerebral e cos que se pagarán a súas terapias de Fisioterapia.

 

O EQUIPO FEMININO DE FÚTBOL 8 XOGOU O SEU PRIMEIRO PARTIDO

Impensable hai pouco tempo e convertiuse en realidade o pasado sábado 17 de Febreiro no noso campo. Un novo equipo feminino disputaba un encontro coa camisola do Unión Campestre F.C. e non vai moito tempo que escribíamos neste mesmo espazo que o club buscaba xogadoras para a súa sección feminina, algo que nos enche de orgullo e fala ás claras da forza coa que está entrando a ola do fútbol feminino. O de menos foi o resultado neste primeiro partido amigable fronte o U.D. Carral B, un equipo con más experiencia e tempo de competición. Coa paixón e ilusión que demostraron no campo as nosas xogadoras é seguro que xunto a súa adestradora Lucía Grela conseguirán competir ó máximo en pouco tempo e seguirán disfrutando de este marabilloso deporte no noso club. Noraboa a todas elas!

DÍAS DE PORTAS ABERTAS TAMÉN PARA O FEMININO E PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO DOS MODESTOS 

Continuamos cas xornadas de portas abertas no campo de O Redondo. Estes dous últimos mércores cómpre dicir que con gran éxito de participación, o que deixa ver as ganas que teñen os rapaces de comezar unha nova temporada. Este Mércores 19 a partir das 19:30h voltaremos a abrir o campo para os nenos e nenas que desexen acercarse ata alí e xogar un rato, pero ademáis a partir das 21h as portas estarán abertas para o equipo feminino, de modo que todas aquelas xogadoras que queiran poderán achegarse a adestrar ó noso campo sen ningún tipo de compromiso.

Por outra banda, este Venres 21 ás 20:30h horas xuntarase o equipo de modestos no noso campo para ter unha primeira toma de contacto e comezar a perfilar a que será a nova temporada que en poucos días comeza a rodar. 

A UNIÓN CAMPESTRE DA O SEU PRIMEIRO PASO CARA A SÚA SECCIÓN FEMININA

Este pasado fin de semana a Unión Campestre conseguíu poñer o seu nome no X Torneo Nacional de Fútbol Sala Feminino "Vila de Ribadeo". Pero as rapazas non se quedaron ahí e demostraron un enorme xen competitivo, e sólo foron superadas no torneo polos dous equipos finalistas. Tras perder no debut fronte ó Viaxes Amarelle FSF (a posteriori campión do torneo), superaron ó Celta Futfem por 3-1, ó ACRD Pico de Regalados por 3-0 e xa en cuartos de final venceron ó CD Orvina por 2-0. Sen dúbida un impresionante debut que non fai máis que aumentar as ganas de velas xogar por fin no campo de O Redondo.

Queremos mostrar dende aquí o noso agradecemento a Caridad e ó Ribadeo FC, por apostar e traballar por torneos coma este.

Lembra que seguimos a buscar xogadoras para o equipo, este Domingo 9 de Xullo ás 19h terá lugar a primeira xornada de portas abertas para divertirse e, quen sabe, terminar formando parte do equipo feminino.

DÍAS DE PORTAS ABERTAS NO CAMPO DE O REDONDO

Agora que comezou o verán e os nosos xogadores e xogadoras se encontran de vacacións, a Unión Campestre porá á súa disposición o campo de O Redondo para que todo aquel que queira poida acudir a adestrar. Poderá adestrar quen o desexe, sempre baixo as órdenes do adestrador ou responsable que haberá no campo. Nun principio os días de portas abertas serán os seguintes:

Mércores 5 de Xullo, Mércores 12 de Xullo,  Mércores 19 de Xullo e  Mércores 26 de Xullo. As portas abrirán ás 19:30h, cando amaine un pouco o calor e para que ós nenos e nenas lles de tempo a voltar da praia.

Estos días serán ampliables ou modificables dependendo da resposta e o comportamento dos xogadores e xogadoras que acudan. Si tes mono de fútbol xa sabes, esperámoste no campo de O Redondo o próximo día 5 de Xullo!!!

A UNIÓN CAMPESTRE BUSCA XOGADORAS PARA O SEU EQUIPO FEMININO

Achéganse novidades para a nova temporada, e unha delas pode ser a formación dun equipo feminino absoluto na Unión Campestre, e por eso andamos á procura de xogadoras que queiran involucrarse e formar parte deste novo proxecto non que non van faltar ilusión e ganas. Son cada vez máis, e cada vez máis xóvenes as xogadoras que se enrolan no noso club, e deste xeito garantizaríamos que poideran seguir xogando ó fútbol con nós maís aló da categoría infantil. Si queres pertencer a este equipo ponte en contacto con nós no teléfono  685 985 438  ou no correo unioncampestremontrove@gmail.com e che explicaremos o noso novo proxecto. E si prefieres vir directamente a xogar, o próximo Domingo 9 de Xullo ás 19h faremos unha xornada de portas abertas para que todas aquelas xogadoras que o desexen poidan ter unha primeira toma de contacto e coñecerse divertíndose no campo de O Redondo.

Non o dubides, si che gusta xogar ó fútbol, divertirte e queres formar parte dun club familiar esta é a túa oportunidade. Únete a nós!!

 

 

AGRADECEMENTOS DA DIRECTIVA POLA TEMPORADA QUE REMATA

Unha temporada máis que remata, outra temporada de esforzo, de moito traballo, de ilusión, de decepcións, de alegrías etc. Pero como sempre, unha temporada de orgullo, de sentimento a este club que nos acolle e que nos permite formar unha gran familia que trascende ó meramente deportivo. Porque si algo podemos decir do que é a Unión Campestre hoxe en día, esa é a palabra FAMILIA, un club onde todos somos partícipes e sentimos como propias as alegrías e as penas, e tentamos mellorar día a día para devolver ó club o esplendor que merece. Por todo esto, dende a directiva queremos agradecer a toda a nosa FAMILIA (xogadores, xogadoras, pais, nais, avós, avoas, tíos, tías, padriños, madriñas, patrocinadores, colaboradores, etc.) o seu esforzo, dedicación e comprensión para poder levar a cabo esta difícil temporada que remata. Gracias de todo corazón a tod@s!!

 

O LUNS 27 DE FEBREIRO NON HABERÁ ADESTRAMENTOS

Dende o Venres 24 ata o Mércores de Cinza día 1 de Marzo, os nenos e as nenas da Unión Campestre están de vacacións pola Festa do Entroido. Para facilitar que os e as integrantes do noso club poidan disfrazarse e disfrutar destas xornadas, non haberá adestramentos o Luns 27, de xeito que Biberóns, Prebenxamíns, Benxamíns e Alevíns F-11 e F-8 non adestrarán ese día. Os diferentes equipos retomarán con normalidade os adestramentos no vindeiro día que lle corresponda, o Mércores 1 os Alevíns e o Venres 3 os Biberóns, Prebenxamíns e Benxamíns.

 

SUSPENDIDOS OS ADESTRAMENTOS DO VENRES 3 DE FEBREIRO

 

Por mor do temporal e as malas previsións metereolóxicas que sitúan en alerta á nosa Comunidade, a Xunta publicou o seguinte comunicado suspendendo as actividades ó aire libre a partires do venres ás 15h:

 

 

 
Alerta laranxa por refachos de vento superiores aos 90-100 Km/h en toda Galicia 
  Xov, 02/02/2017 - 12:25 
 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxadende as 15 horas en adiante (aproximadamente) do venres 3 de febreiro de 2017, por refachos de vento superiores aos 90-100 km/h que afectarán a toda Galicia.

 Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou a suspensión das actividades no exterior a partir das 15.00h (tanto escolares como extraescolares) das instalacións do centro escolar situados en tódolos concellos de Galicia, con seguimento das condicións climáticas.

Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa un centro supuxesen un risco maior, os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares.

 A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web do CAE 112 (www.axega112.org)

OS ALEVÍNS F-11 COMEZAN A SÚA PREPARACIÓN

En previsión do inminente comezo da Liga de Fútbol 11 de Alevíns, o noso equipo de Alevíns F-11 comezou a súa preparación para chegar no mellor momento posiblé á primeira xornada. Como parte desta preparación, o pasado Domingo 22 enfrontáronse ó Atlético San Pedro en O Redondo, unha dura proba que da boa conta da dificultade desta nova competición que vai comezar. Para a maioría dos nosos Alevíns rematou a súa formación en Fútbol 8 e xa non voltarán a xogar máis nesta modalidade posto que en Infantís a competición anual é de Fútbol 11, asíque canto antes se adapten ás novas medidas e espazos do campo mellor será o seu rendemento no futuro. Ánimo a todos eles e a desfrutar desta nova etapa!

 

EMPATE NO AMIGABLE FRONTE O RELÁMPAGO

O mércores 28 disputouse no noso campo de O Redondo un amigable que enfrontou ó primeiro equipo e ó Relámpago de Elviña e que serviu de preparación para ámbolos dous equipos que se encontran no parón de Nadal. Un encontro válido para non perder o ritmo competitivo e que rematou co resultado de 4-4, o que deixa ver que foi un divertivo partido para o espectador pero non tanto para os adestradores. Dende a Unión Campestre agradecemos ó Relámpago de Elviña o seu desplazamento e a súa disposición para este amigable.

 

ADESTRAMENTOS NAS DATAS DE NADAL

Con motivo do parón das Ligas por motivo das Festas do Nadal, farase unha planificación de adestramentos diferente á que ven sendo habitual durante o resto do ano para que nestas datas tódolos xogadores poidan disfrutar das vacacións e da súa familia. De este xeito, o cadro ca planificación nas datas de Nadal queda da seguinte maneira:

 

LUNS 19/12/2016 MÉRCORES 21/12/2016 VENRES 23/12/2016 SÁBADO 24/12/2016 DOMINGO 25/12/2016

18h-Biberóns

18:45h-Prebenxa.

19h-Benxamíns

19h-Alevíns B

19:15h-Alevíns A

19h-Infantís

20:45h-Modestos

     
LUNS 26/12/2016 MÉRCORES 28/12/2016 VENRES 30/12/2016 SÁBADO 31/12/2016 DOMINGO 1/1/2017

18h-Biberóns

18:45h-Prebenxa.

19h-Benxamíns

20:45h-Modestos

19h-Alevíns B

19h-Infantís

19:15h-Alevíns A

20:45h-Modestos

     
LUNS 2/1/2017 MÉRCORES 4/1/2017 VENRES 6/1/2017 SÁBADO 7/1/2017 DOMINGO 8/1/2017

18h-Biberóns

18:45h-Prebenxa.

19h-Benxamíns

20:45h-Modestos

19h-Alevíns B

19h-Infantís

19:15h-Alevíns A

20:45h-Modestos

 

Infantís (fora)

Alevín A (casa)

Alevín B (casa)

Veteranos (fora)

Modestos (casa)

LUNS 9/1/2017

MÉRCORES 11/1/2017 VENRES 13/1/2017 SÁBADO 14/1/2017 DOMINGO 15/1/2017

18h-Biberóns

18:45h-Prebenxa.

19h-Benxamíns

19h-Alevíns B

19:15h-Alevíns A

19h-Alevíns B

19h-Infantís

19:15h-Alevíns A

20:45h-Modestos

18h-Biberóns

18:45h-Prebenxa.

19h-Benxamíns

19h-Infantís

20:45h-Modestos

Infantís (casa)

Alevín A (fora)

Alevín B (fora)

Prebenxamíns (fora)

Benxamíns?

Modestos (fora)

Veteranos (casa)

 

APROBADOS OS PUNTOS DO DÍA NA REUNIÓN ORDINARIA

O pasado Martes día 20 de Decembro celebrouse no Teleclub de Montrove, ás 20:30h en segunda convocatoria a Reunión Ordinaria de Socios na que se aprobaron por maioría case absoluta os puntos do día. Tra-lo informe presentado polo presidente no que se revisou toda a actividade social e económica do club e a presentación do resto de puntos do día de propostas, fíxose unha posta en común de iniciativas plantexadas por socios que se debatiron coa xunta directiva, co fin de seguir avanzando e mellorar o noso club.

 

A Xunta Directiva agradece a confianza dos socios e a presenza dos mesmos na citada reunión.

REUNIÓN ORDINARIA DE SOCIOS

Dende a directiva da Unión Campestre F.C. infórmase a tódolos socios e socias da convocatoria da Reunión Ordinaria de Socios que se celebrará o Martes día 20 de decembro no Teleclub de Montrove, ás 20h en primeira convocatoria e ás 20:30h en segunda convocatoria.

As ordes do día serán as seguintes:

 

1. Lectura e aprobación, si procede, do acta anterior.

2. Estado das contas.

3. Resumo deportivo.

4. Apertura de candidaturas a eleccións da nova directiva.

5. Rogos e preguntas.

 

 

Agradécese de antemán a tódolos socios a súa presenza na xunta.

PARÓN DAS LIGAS POLAS FESTAS DO NADAL

Por mor das Festas de Nadal, tódalas ligas nas que participan os equipos da Unión Campestre fan un parón de 15 días para que todos os xogadores e xogadoras poidan descansar en coller folgos para o seguir competindo ó máximo no novo ano. A vindeira xornada que se disputará será a fin de semana do 7 e 8 de Xaneiro na meirande parte das categorías, e hasta esa data, hai unha planificación especial de adestramentos. 

 

Versión para imprimirVersión para imprimir | Mapa del sitio
© Union Campestre F.C.