Unión Campestre Escola

    PROGRAMACIÓN DE ADESTRAMENTOS

PROXECTO

Dende o instante en que esta directiva se fixo cargo do club, a idea foi  dotar á institución dunhas bases sólidas para garantir o seu futuro. Esas bases sólidas pasan polas categorías inferiores, por prover a esas categorías dunha estrutura forte que impida que o club se resinta dun ano para outro. Por esto, creouse a Escola de Fútbol Base, o que denominamos Unión Campestre Escolana que centramos a maioría dos esforzos do club, tanto de persoal como económicos, e que esperamos que ano tras ano, pouco a pouco, comece a dar os seus froitos. Nesta temporada 2018-2019, e tras tres anos dende que iniciamos o proxecto, podemos falar dunha Unión Campestre con presencia en todalas categorías, dende biberóns ata veteranos, de forma que un neno xa pode chegar a xogar toda a súa vida deportiva sin terse movido do noso club, un dos nosos obxetivos dende que chegamos e que con orgullo dicimos que acabamos de conseguir. Continuamos ademáis co equipo de modestos, referencia do noso club.

Así, tras 3 anos en funcionamento da nosa Escola de Fútbol, contamos xa coas seguintes categorías dentro do club:

 

  • Biberóns
  • Prebenxamíns
  • Benxamíns (A e B)
  • Alevíns (A e B)
  • Infantís (A e B)
  • Cadetes
  • Xuvenís
  • Feminino Fútbol 8
  • 1º Equipo Feminino
  • 1º Equipo Masculino
  • Veteranos

 

 

Son 13 equipos, cerca de 220 persoas, entre nenos, nenas e maiores os que compoñen o noso club esta temporada 2018/19, máis que a anterior e esperamos que menos que a vindeira tempada.

FILOSOFÍA

 

Unha das principais medidas da nova directiva foi a de formar unha Escola de Fútbol Base, e pasar a denominar as categorías inferiores d0 club como UNIÓN CAMPESTRE ESCOLAEsto non só supón un cambio de nome, xa que a idea primordial do club pasa a ser a de 

 

EDUCAR=ENSINAR=ADESTRAR

 

 

Para esto, establecense e creanse unhas SEÑAS DE IDENTIDADE que se trasmiten ós nenos e nenas dende o primeiro día que pertencen ó club.

Queremos diferenciarnos do resto de equipos do entorno, xa que en todos se entrena ós nenos cun obxetivo meramente deportivo e deixase de lado a educación e a aprendizaxe dos nenos. Queremos que o seu paso pola Unión Campestre lles valga de algo, tanto a nivel deportivo como no resto de ámbitos da súa vida persoal.

 

IMOS A APOSTAR POLA FORMACIÓN, NON POLOS RESULTADOS.

 

 

 

Creación dunhas señas de identidade.

 

Establécense uns VALORES e unha FILOSOFÍA que vamos a transmitir ós nenos e nenas, dende o primeiro día ó que pertenzan ó club, en cualqueira categoría (dende Biberóns a Modestos) ata o día que se desvinculen do club.

 

    - FILOSOFÍA: o fútbol é un xogo, o importante non é gañar a calqueira precio, estamos aquí para educar ós nenos e nenas a través do fútbol, ó tempo que se divirten e fan deporte.

 

    - VALORES: poden ir engadíndose valores a medida que transcurre o proxecto, pero os básicos serán:  

     

            RESPETO: ó compañeiro, ó rival, ás instalacións, ós adestradores, ós pais e nais, etc.

            COMPAÑERISMO: e solidariedade, este é un deporte de equipo e debemos axudarnos.

            ESFORZO: transmitir que sin esforzo é difícil alcanzar os nosos obxetivos 

 

 

 

Establecemento dos obxetivos de club

 

As señas de identidade irán sempre en consonancia cos OBXETIVOS DO CLUB, que xa non pasan a ser en exclusiva o éxito deportivo. Teremos uns XERALES e outros ESPECÍFICOS de cada equipo dependendo da idade e categoría. Dividímolos en 3:

 

    - FORMATIVOS: complementaremos a educación que o neno ou nena ven recibindo tanto na escola como na súa familia, dando igual as aptitudes deportivas do neno ou nena.

 

    - DEPORTIVOS: non olvidaremos que somos un club de fútbol, e intentaremos mellorar deportivamente pouco a pouco sin olvidar a filosofía do club. 

 

    - SOCIAIS: como club temos a obriga de ofrecer unha serie de servicios a quen o integran ou colaboran con nós, así como promover actividades ou eventos, para ser útiles dentro do entorno no que nos encontramos (campus, charlas, xornadas, andainas…)

 

 

Versión para imprimirVersión para imprimir | Mapa del sitio
© Union Campestre F.C.