Top

Blog

finalización campus 2021

Campus de veran 2022

Terminada a tempada, como estes últimos anos xa é costume, informámosvos da posibilidade estival en Ou Redondo. O cuarto campus de verán do Unión Campestre xa está aquí.

 

¿Cando e o campus?

O campus ten dúas quendas, entre xuño e xullo este ano.

  • A primeira quenda é desde o luns 27 de xuño ao venres 1 de xullo.
  • A segunda quenda é do luns 4 de xullo ao venres 8 de xullo.

Que horario ten?

A hora de entrada ao campus é as 9h, a de saída as 14h.

Onde é?

O campus case na súa totalidade ocorre no campo de fútbol O Redondo, facendo click terás toda a info das instalacións. Algunha das xornadas adoitamos facela na praia de Bastiagueiro ou en Santa Cristina, ao inscribirvos e tendo pechadas as actividades informámosvos de todo.

 

Quen se pode inscribir?

Todos os nenos e nenas entre 6 e 12 anos (nacidos entre 2016 e 2009) que queiran xogar ao fútbol, por suposto, pero tamén facer varias actividades diferentes das que realizan ao longo de todo o ano; Gymkanas, concursos de habilidades, saídas e algunha actividade acuática como o surf.

 

¿Cómo inscribo a mi hijo/a?

Facendo click aquí atoparedes o formulario de inscrición. Deberedes encher todos os datos e darlle a enviar. Confirmarémosvos a praza para partir do 20 de xuño.

 

Ata cando teño para inscribilo?

O prazo termina o luns 20 de xuño, data na que pechamos as inscricións. As prazas son limitadas

 

Cal é o prezo?

O prezo para os mozos e mozas federados co Unión Campestre é de 65€ unha semana soa e 120€ as dúas semanas. Os non federados co Unión Campestre unha semana ten un custo de 80€ e as dúas semanas 150€.

 

Que inclúe este prezo?

Seguro médico, monitores/as titulados/as, a merenda de todos os días, actividade fose do campo e o pack agasallo de benvida.

 

Monitores/as

Todos/as son titulados nos graos universitarios europeos de Educación Física, Educación Primaria, INEF, TAFAD, monitor de lecer e tempo libre ou as titulacións específicas de fútbol.

Abrir chat
1
Hola 👋
Pon el corner que nosotr@s rematamos ¿Qué necesitas saber? ☺️