La federación emite un comunicado sobre la temporada 2020-21
El pasado 3 de agosto de 2020, la Real Federación Gallega de Fútbol hizo publico un comunicado para informar sobre la temporada 20-21. Este comunicado lleva el título de: “As competicións da tempada 20-21, supeditadas á evolución da pandemia”. En él se refuta el hecho de que por ahora no está permitido el deporte de contacto y que hasta que las autoridades sanitarias lo permitan la competición no se reanudará.
“Antes as lóxicas dúbidas e consecuentes preguntas e chamadas recibidas de parte dos clubs, queremos informar que o departamento de competicións e a secretaría xeral da Real Federación Galega de Fútbol seguen a traballar arreo para confeccionar os calendarios da próxima campaña, pero todo ese traballo está condicionado pola evolución da pandemia. Adiantamos que o obxectivo de partida é comezar as ligas de ámbito autonómico durante o mes de outubro (as competicións con maior número de equipos, como é o caso de Preferente, arrincarán a fin de semana do 3-4 de outubro), sempre e cando o permitan as autoridades sanitarias. No caso das competicións de ámbito nacional, a RFEF xa fixo oficiais algúns calendarios e estamos á espera de noticias ao respecto das demáis competicións.
Nos próximos días a RFGF comezará unha serie de reunións cos clubs de toda Galicia, de xeito telemático, para ir informando dos plans competicionais, aínda que todo sempre supeditado á evolución da situación sanitaria. Por iso é importante subliñar que polo de agora non serán plans competicionais definitivos, pois en función da evolución da pandemia poderían sufrir variacións. Tal e como xa se foi avanzando, practicamente todas as categorías dividiranse en subgrupos por criterios xeográficos, o que representará un importante aforro para os clubs e unha reducción de datas nos calendarios.
O departamento de competicións xa ten moi avanzados os plans competicionais, os cales serán presentados nas vindeiras semanas aos clubs, pero reiterando que nada é definitivo.
Do mesmo xeito informamos que non será ata mediados do mes de agosto cando se abra o proceso de tramitación de licenzas para as categorías de ámbito autonómico.
Cómpre lembrar tamén que a día de hoxe a Xunta de Galicia non permite o deporte con contacto físico, polo que agora mesmo os equipos si poden adestrar cumprindo os protocolos aprobados e sen contacto, pero non poden xogar partidos. Neste sentido, desde a RFGF apelamos á responsabilidade e á prudencia co fin de non colaborar na propagación da COVID-19.“
Protocolo COVID-19 en el fútbol gallego
Tras este comunicado, el martes 4 de agosto se hizo público el protocolo covid-19, aprobado por la Xunta de Galicia en el que se especifican las medidas pertinentes durante la práctica deportiva en los campos de fútbol gallegos. Estas medidas y recomendaciones están especificadas para cuerpo técnico, directiva, deportistas y público/acompañantes.
En el cuadro se resumen las más importantes:
Una de las grandes novedades es que a la hora de tramitar las licencias, el o la jugadora deberán también presentar el documento de “Aceptación de las condiciones de participación, obligación de información y consentimiento informado, para participar en la actividad”.
Puedes consultar nuestros horarios de la temp 20-21 aquí.