Top

Blog

CAMPUS TECNIFICACION 2024

Campus de tecnificación 2024

Presentamos o I Campus de Tecnificación organizado polo Unión Campestre Fc e Export Players

Cando é o campus?

O campus ten duas quendas:

  • A primeira quenda é do luns 1 de xullo ao venres 5 de xullo.
  • A segunda quenda é do luns 8 de xullo ao venres 12 de xullo.

Que horario ten?

A hora de entrada ao campus é as 9:30h e a de saída ás 14h.

Onde é?

O campus case na súa totalidade ocorre no campo de fútbol O Redondo, facendo click terás toda a información das instalacións. Algunha das xornadas adoitamos facela na praia de Bastiagueiro ou na de Santa Cristina cunha actividade fora do fútbol.

Quen se pode inscribir?

Todos os nenos e nenas entre 6 e 15 anos que queiran xogar ao fútbol e mellorar aspectos técnicos do mesmo.

Cómo inscribo ao meu fillo/a?

Facendo click aquí atoparedes o formulario de inscrición. Deberedes encher todos os datos e darlle a enviar. Confirmarémosvos a praza a partir do 19 de xuño.

 

Ata cando teño para inscribilo?

O prazo remata o domingo 26 de xuño, data na que pechamos as inscricións. 

As prazas son limitadas.

 

Cal é o prezo?

O prezo para os nenos e nenas será de 75€/seman

Haberá descontos para irmáns.

Que inclúe este prezo?

Seguro médico, monitores/as titulados/as, a merenda de todos os días, e actividades.

 

Monitores/as

Todos/as son titulados nos graos universitarios europeos de Educación Infantil e Primaria con mención en Educación Física, monitor de lecer e tempo libre ou as titulacións específicas de fútbol recoñecidas pola Real Federación Galega de Fútbol.

Post Tags:
Abrir chat
1
Hola 👋
Pon el corner que nosotr@s rematamos ¿Qué necesitas saber? ☺️