Top

Blog

Campus de verán 2023

Campus de verán 2023

Terminada a tempada, como estes últimos anos xa é costume, informámosvos da posibilidade estival en O Redondo. O quinto campus de verán do Unión Campestre xa está aquí.

Cando é o campus?

O campus ten tres quendas:

    • A primeira quenda é do luns 26 de xuño ao venres 30 de xuño.
    • A segunda quenda é do luns 3 de xullo ao venres 7 de xullo.
  • A terceira quenda é do luns 10 de xullo ao venres 14 de xullo.

Que horario ten?

A hora de entrada ao campus é as 9h e a de saída ás 14h.

Onde é?

O campus case na súa totalidade ocorre no campo de fútbol O Redondo, facendo click terás toda a información das instalacións. Algunha das xornadas adoitamos facela na praia de Bastiagueiro ou na de Santa Cristina. Ao inscribirvos e tendo pechadas as actividades informámosvos de todo.

Quen se pode inscribir?

Todos os nenos e nenas entre 6 e 12 anos (nacidos entre 2017 e 2010) que queiran xogar ao fútbol, por suposto, pero tamén facer varias actividades diferentes das que realizan ao longo de todo o ano: gymkanas, concursos de habilidades, saídas, etc.

Cómo inscribo ao meu fillo/a?

Facendo click aquí atoparedes o formulario de inscrición. Deberedes encher todos os datos e darlle a enviar. Confirmarémosvos a praza a partir do 19 de xuño.

 

Ata cando teño para inscribilo?

O prazo remata o domingo 18 de xuño, data na que pechamos as inscricións. 

As prazas son limitadas.

 

Cal é o prezo?

O prezo para os nenos e nenas federados co Unión Campestre é de 65€ unha semana, 120€ dúas semanas e 175€ as tres semanas. 

Para os non federados co Unión Campestre, unha semana ten un custo de 80€, dúas semanas 150€ e tres semanas 220€.

Haberá descontos para irmáns.

Que inclúe este prezo?

Seguro médico, monitores/as titulados/as, a merenda de todos os días, actividades fóra do campo e o pack agasallo de benvida.

 

Monitores/as

Todos/as son titulados nos graos universitarios europeos de Educación Infantil e Primaria con mención en Educación Física, monitor de lecer e tempo libre ou as titulacións específicas de fútbol recoñecidas pola Real Federación Galega de Fútbol.

Abrir chat
1
Hola 👋
Pon el corner que nosotr@s rematamos ¿Qué necesitas saber? ☺️